Un novo artista de Tebra,desta vez de Santa María, móstranos algo da súa obra estes días na nosa sede, é dicir, na taberna.
Pasádevos a vela porque a verdade é que SORPRENDE. Non vos vai a deixar indiferente toda a cantidade de cores que amosa na súa obra REIVINDICATIVA. Ademais a maioría dos lienzos están feiros de material de REFUGALLO.
No Faro de Vigo de hoxe, no especial Entre Ríos, pódese ver unha reportaxe sobre a nosa asociación.
A verdade é que é todo un orgullo que en menos dun ano de existencia da asociación xa nos puidemos dar a coñecer nos medios de comunicación. Isto non é por casualidade se non que é froito dun traballo en equipo no que cada un vai aportando o seu granciño de area.
Impresionantes foron os arredor de 10 kilómetros que nos levou pola ribeira do río Cereixo. O roteiro comezou conmemorando a un dos membros da asociación (o Barreras) co distintivo dun pin-xabaríl pola súa gran labor "fozadora" na limpeza da ruta.
Lembrar que todos os primeiros sábados de mes podemos disfrutar de novo deste marabilloso percorrido.
A partires do 1 de setembro impartiranse clases de djembe na taberna Val de Tebra tódolos xoves a partires das 22 horas. Para máis información poñerse en contacto coa asociación ou pasarse directamente pola taberna.
Lembrarvos que este roteiro vaise a repetir tódolos primeiros sábados de cada mes, gracias á colaboración da xente da asociación que estivo preparando esta ruta nos seus ratos libres.
O pasado sábado os socios máis atrevidos (ou os máis tolos..jej..) pegaron o gran salto na ponte vella de Tui e Portugal. Para quen teña dúbidas se foi verdade ou non, aquí se pode demostrar o gran valor destas e destes Tranklleir@s.
A segunda xornada de xogos populares e mercadillo rematou coa sorpresa de unha jam session a cargo de compoñentes de Lentos,Leyendas e tamén unha boa tanda de chistes a cargo do noso presidente.
No Val de Tebra celebramos a primeira xornada de mercadillo e de xogos populares organizada pola nosa asociación.
No mercadillo podíamos atopar roupa e outros obxectos a prezos simbólicos co que pretendemos reutilizar cousas que uns non necesitan pero que lles poden servir a outra xente.
Nos xogos populares puidemos ver como se xuntan rapaces e rapazas de curta idade xogando con persoas maiores, lembrando os xogos de antes como "o trompo", "a corda", "a rá", "a pesca de botellas"...
Todas e todos disfrutamos a lembranza de xogar con estes xogos que non debemos esquecer e que hai que poñer en práctica de cando en vez co gallo de que non periguen de caer no olvido.
Hai que resaltar a boa labor da organización e de toda a xente que participou para que todo saíse á perfección.
Primeiro roteiro organizado pola nosa asociación que nos levou dende San Salvador de Tebra ata o lugar de Couso, atravesando o monte Tetón e visitando os seus petroglifos.
Aquí podedes ver o calendario das próximas actividades previstas da nosa asociación.
Non deixedes de mirar o blogue porque seguramente vaian xurdindo algunhas outras que non están previstas neste momento.
O pasado día 11 celebramos a posta en marcha desta asociación cunha degustación de pinchos na nosa taberna, que non tería lugar sen a colaboración de todos os socios e veciños do val de Tebra. Unha noite na que a música de charanga non podía faltar, nin tampouco esa marabillosa sangría que puidemos disfrutar.
Gracias a todos e todas polas vosas aportacións. Sen dúbida este é o comezo dunha chea de actividades e dende aquí lembrámosvos que non esquezades apuntarvos ao roteiro que se levará a cabo o vindeiro sábado 26.
Pasarémolo en grande!
Aquí vos deixamos este video da Sarah que non ten desperdicio! Impresionante o ben que canta! Bravísimo!
O pasado 12 de Novembro disfrutamos dunha xornada de Magosto ESPECTACULAR! Castañas asadas, filloas á pedra, torresmos... e todo isto amenizado con música de charanga e a arte das pandereiteiras do baixo miño.
Neste vídeo pódese ver como distintos músicos da rúa de diferentes países se unen para tocar e cantar un mesmo tema.
Lembrar que o vindeiro día 30 de xaneiro se celebra o DÍA DA PAZ.