No Val de Tebra celebramos a primeira xornada de mercadillo e de xogos populares organizada pola nosa asociación.
No mercadillo podíamos atopar roupa e outros obxectos a prezos simbólicos co que pretendemos reutilizar cousas que uns non necesitan pero que lles poden servir a outra xente.
Nos xogos populares puidemos ver como se xuntan rapaces e rapazas de curta idade xogando con persoas maiores, lembrando os xogos de antes como "o trompo", "a corda", "a rá", "a pesca de botellas"...
Todas e todos disfrutamos a lembranza de xogar con estes xogos que non debemos esquecer e que hai que poñer en práctica de cando en vez co gallo de que non periguen de caer no olvido.
Hai que resaltar a boa labor da organización e de toda a xente que participou para que todo saíse á perfección.
Sobresaínte para a organización!
ResponderEliminarO video está xenial!
ResponderEliminarGUSTAME O QUE ESTADES FACENDO NO POBO, SODES UN ENCANTO NON CANSEDES NUNCA, AS VECES A XENTE AI QUE DARLLE PEQUENOS EMPUXONS PERO VALE A PENA,
ResponderEliminarNORABOA
CHARO