lunes, 30 de mayo de 2011
II XORNADAS DE XOGOS POPULARES E MERCADILLO
A segunda xornada de xogos populares e mercadillo rematou coa sorpresa de unha jam session a cargo de compoñentes de Lentos,Leyendas e tamén unha boa tanda de chistes a cargo do noso presidente.
ROTEIRO A LAZA
O segundo roteiro organizado pola nosa asociación levounos a terras ourensás de Laza.
lunes, 16 de mayo de 2011
I XOGOS POPULARES E MERCADILLO
No Val de Tebra celebramos a primeira xornada de mercadillo e de xogos populares organizada pola nosa asociación.
No mercadillo podíamos atopar roupa e outros obxectos a prezos simbólicos co que pretendemos reutilizar cousas que uns non necesitan pero que lles poden servir a outra xente.
Nos xogos populares puidemos ver como se xuntan rapaces e rapazas de curta idade xogando con persoas maiores, lembrando os xogos de antes como "o trompo", "a corda", "a rá", "a pesca de botellas"...
Todas e todos disfrutamos a lembranza de xogar con estes xogos que non debemos esquecer e que hai que poñer en práctica de cando en vez co gallo de que non periguen de caer no olvido.
Hai que resaltar a boa labor da organización e de toda a xente que participou para que todo saíse á perfección.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)